Para Ana

10 Xuño, 2015 (21:32) | Sen clasificar |

Á túa beira sempre.
Nos tempos revirados levaremos o barco a porto seguro.
Seremos abrigo cando vaia frío
e descansaremos baixo a sombra dun carballo na calor.
Tomaremos petiscos mentres medran os miúdos
e compartiremos o sol que sae trala tormenta.
Á túa beira sempre.
ana Read more »

(In)Clemencia

17 Febreiro, 2011 (19:37) | Sen clasificar |

A pesar do temporal emocional que bate con dureza,

minguadas as forzas para termar dos afectos próximos

agatuño polas inclemencias alimentándome do inesperado

das apertas propias e alleas (como a da foto)

máis sabia e máis vella cada día.

sen versos

29 Novembro, 2010 (21:55) | Sen clasificar |

Hoxe non teño versos para regalarche.

Aniño nas cifras da violencia

contra as mulleres e esvaece a poesía.

http://www.observatorioviolencia.org/

 

 

Aquel pequeno músculo

16 Novembro, 2010 (21:02) | Sen clasificar | 2 comments

Ryanair cóbralle o té a un pasaxeiro que esvaeceu,

cámbianse vísceras por  máquinas de facturar.

Non perdamos a esperanza!

 O robot violinista ofrece o seu segundo concerto

que sensibilidade! -exclama o auditorio. Maxistral!

Peza do escultor Víctor Lorenzo

Frío

19 Outubro, 2010 (18:51) | Sen clasificar | 2 comments

O frío aniña nos meus pés e sobe polas pernas

o corazón queda de súpeto ancorado nas costelas,

coma se un coitelo fendese o músculo díscolo.

Quedo uns segundos ás portas da nada,

sen alento, inmóbil, covarde, dorida…

Pero regreso.